domingo, 16 de diciembre de 2012

Fermosa i grega.



Movía os dedos encantados, entrelazados
e chiscando no aire sons de frautas. 
Pechaba as pestañas nos segundos
marcando compases dos sons creados.

Os seus beizos bicaban a orella miña
suspirando letras na companía de notas.
Abrazábame o seu corazón corpo a corpo
unidos como un imán infinito.

O seu sorriso contaxioso erguía ao vento
que inundaba o meu corpo de danzas
de amor letrado en bicos e sorrisos,
en apertas, en miradas, nela...

O seu pelo movíase co vento infinito.
Música natural que bailaban as follas
que caían nun outono de xeo, e cálido
pola música dos seus dentes felices.




jueves, 11 de octubre de 2012

Natureza artificial.
















 
O vento, valente, cántame forte e alto.
O aire non penetra as entrañas miñas
nas que a semilla xace no leito de formigón.

Os meus beizos non bican na noite escura,
a miña árbore non nace enterrada e fría.
As bágoas que canta o vento non son fértiles.

Cos ollos olleo oíndo vehículos en negro
aterrado nun campo artificial, xeado e podre.
E a miña alma escapa fuxindo de ollos cegos.





martes, 25 de septiembre de 2012

A realeza do delirio.




Con ollos cálidos e sorriso tenro durmía a súa face no meu ombreiro, acomodada e no limbo entre a realidade e o delirio da noite. A miña cabeza, unha histórica montaña rusa emocional dáballe voltas esta vez á felicidade da companía, da parella. Os meus ollos atopábanse perezosos, con ganas de soñar e agochaban as pupilas da realidade pouco a pouco. Atrás quedaban bágoas da incompresión dunhas nubes que bloqueaban a mente cunha néboa difusa, razoamentos infundados por unha paranoia sen máis razón ca do amor total, pois latexan amor. Adiante quedaba o eterno presente que nunca escapa e ela: unha flor que me agarimaba nunha aperta infinita. Como no balanceo dunha hamaca os meus pálpitos relaxaban a esa muller que conmigo estaba. A miña nena, muller da que formaba e formo parte. Rapaza dos meus soños soñando xuntos. A miña rapaza real

- Quérote, susurraba entre o silencio.
- Eu tamén. Respondía.

As mans unidas sen aneis pero cun compromiso feroz. Os corpos rozándose mutuamente, os sorrisos percibidos na escuridade polo estudio inconsciente que provoca o amor. O coñecemento dunha parte de ti, dun anaco do máis profundo do teu ser que coida nun compromiso de felicidade. Como os paxaros, os soños xogaban a voar, deliraban voando metras se escondían da realidade á que quizais relaman. Esa realidade que nos durmía sorrindo.

Os meus ollos no limbo, a miña cara na súa. O meu soño co seu respirando acompasadamente, nunha melodía que dotaba como único compás ó aire que os nosos pulmóns improvisaban. Nun movemento musical, o volume aumentou. A súa cara xirou fronte á miña. Os nosos beizos atopábanse a dous centímetros, consciente e inconscientemente queríamonos. Achegámonos da mesma forma que nos atopamos, co impulso que da querer, ata xuntas os nosos beizos, ata durmir bicándonos. Nalgún lugar un paxaro axitaba as ás mentras nós xuntos e pegados respirábamos.