jueves, 13 de octubre de 2011

Camiñar con resortes

Pisando cos zocos escachados camiñaba
Nas horas punta de aulas de estudo.
Os seus pasos acompasábanse co tempo
e este divagaba buscando a tarde noite.

Rapaza de pes fríos e camiñar miudiño.
De pelo de seda susurrante coma un resorte.
En superficie lisa un reloxo, nas pedras pasos de latexo.
Que camiñante máis irregular ela...

Eu fiquei na súa sombra no día
coma un Sol que prefire ser moucho.
Eu fiquei na súa espalda mollada
coma ondas de mar que marcan recordos.

Ela, unha mancha na area de marea baixa.
Eu, melancólico escupo auga
con lubas nos pes que ela molla.
Coa sombra perdida no luar dos meus ollos.