jueves, 22 de septiembre de 2011

Taladro de paraugas

E sorrín nas letras que me torcían,
para afundir en parénteses os meus beizos.
Rosmaba a lareira ennegrecida polo fume...
Rosmaban meus pulmóns que tosían odio.

Sorrín por odiarte, hipócrita!
O luar da túa man semella unha cara escondida.
A pel da felicidade arañou a carne viva...

Choras, finaches de ledicia...
O meu doce sentir só come papilla.
Os paraugas choran aguxereados.
O teu taladro gotéame...

E segues xogando ó escondite...

jueves, 15 de septiembre de 2011

Néboa de maio

Choraba ela na nebe,
os copos encerrábanlle a mirada.
Choraba ela na nebe,
os copos disolvíanse no seu ollar.

Así ocorreu. As esféricas pupilas menguaron.
A vista opaca e o reflexo, a súa cabeza,
fermosa ela; tecía as fotografías soñando.

Ánimo introvertido que ves por min.
Bágoas que son nebe... Nebe debuxada.
Nos pesadelos teimaba chover olvido.
Nos soños máis fermosos, contacontos...

Choraba ela na nebe,
os copos mirábana ensoñada.
Choraba ela na nebe,
os copos querían ser debuxados.
Choraba ela na nebe,
O calor derretiu a súa vida...

viernes, 9 de septiembre de 2011

Árbore sen raíz

Atópome rodeado de montes.
A cordilleira me asoballa,
xa non sei por onde chora.
Ameazantes precipicios...

Finou a semilla que me fixo medrar,
a protección... O meu árbol solitario,
verde antes. É negro agora pola polución.
A miña face, un corcho deshidratado...
A miña cara, o espello da alma...
E todos límpanse nas miñas follas.

Medo teño de que as rochas me rompan.
O tallo caia, os montes me axifixien.
Teño medo da miña alma mais das pupilas.
Dos traseúntes. Da pompa escachada...

Os montes están a piques de caer.
Son un amazonas máis, sociedade!
Xa quebrei, transeúntes?

véxome cego e só...
Véxome no espello dun vampiro!

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Instrumento en leite

O frautista de Hamelín versa o meu soneto.
Falso todo. Da nada e apoteósico persigue ratos.
Da frauta verso. Do amor inconsciente...
E na música estaba o antídoto do queixo...

Ratos amantes, buracos escuros. A vida...
E ulen o latexo branco da leite curada.
Saltan dous pequenos. Queridos e fiados.
Pisadas fortes. Medo, acordes dun violín no vento.

E os dous ratos namorados aboríxenes no xeo.
Animais disecados e suicidas, primarios...
Oxidados no medo, na falta de latexo.

O queixo como un corazón, primario!
E morte nas pisadas, lúa da necrofilia.
Cara oculta do amor. Porque, ratos como persoas aman e odian no recordo.