jueves, 16 de junio de 2011

A lúa nova non é vermella esta noite,
os poros do amor non respiran...
O rei xadrez manda apagar o lume.
A lúa chea, lástima, ferida e queimada...

Na miña alma cravos e estacas.
No meu espírito alba de bágoas.

E pensar que no rei da táboa
Manda otro rei que domina o xadrez...
Pregúntome cantos reis haberá por riba.
Pregúntome cal é o rei que matou a raiña!


martes, 7 de junio de 2011

Romántico suicidio do corazón etílico

Barroquismo esaxerado
dun amor esperado,
dunha lápida perdida
causada pola ira...

Etílico alcohol de parede rugosa
que o corazón imprime un corazón de mocosa.

Suicidio mental dun reloxo perdido.
Suicidio mental co que me rompo e lastimo.

Romántico barroco por fin, contramestre pide lume.
Romántica desafinada guitarra, cantante impune.
Romántico, éste, desarraigado da lápida de fume.

Bailando o último verso o violín canta só...