martes, 30 de agosto de 2011

Pompas de sociedade


A tolemia do río me perseguía,
os versos afables eran pescados.
Preocupábame o son que latexaban.
As palabras que se comen burbullas...

Bágoas que seducen con música,
todo son claves de sol nun río contradictorio.
A miña lingua de escamas torcía, o brillo da noite tamén...
As palabras dobraban, algunhas, en burbullas...

Escama trabada, e que difícil é ser peixe.

Tecendo os seguintes fíos me atopo.
Os fíos nos que ficarei, nos que buscarei.
O fío no que estamos picando, sociedade...
Xerxei de lá, miña vida. Cantos laberintos.
E as burbullas que comen palabras...



miércoles, 24 de agosto de 2011

Pel de noz

E a nube se fixo ceo.
O resplandor, escuridade.
Platón e a caverna, negro...

Falo de corazóns que voan
de bolboretas asasinas por beleza.
Falo da pel dunha noz sensible.
Dunha noz da fala que me atraganta.

- Cobardía. Porque non xogas ó escondite
co latexo do meu motor móbil?

O sal con auga é rugosa como esa pel.
Esa pel de muller. De extraña, de esposa...
Esa pel de noz que estalou na miña gorxa...
Esa rugosa pel que escureceu a caverna...

miércoles, 10 de agosto de 2011

Ocupas


Cuartos desertos que choran bágoas nas ventás.
O solpor, na miña frente, tamén choromica...
As ventás iluminan a habitación do ocupa.
A escuridade está na alma só na longa noite.
Ocupa que se ergue
Desespereación silenciosa.
Parloteo no cubo, con el...
Porque a ventá que chora
veu caer o corazón pola fiestra, ata pechala...
Porque el é un cadáver
caído e chorado con barba no motor do sangue
Porque aínda lle rasca...
Porque ocupa soedade, sáciase nela...
Pola mesma razón, sen ter que ver
O correcamiños velozmente nunca é capturado.
Pola mesma razón non para de chover
e os claros son oasis de fortes doses de dopamina...