domingo, 4 de diciembre de 2011

Antiheroe



Camiñanto xuntos da man, nas burbullas da infancia.
No camiño que sorría, nos xogos que xuntaban.
E é o camiño agora empedreado e máis árido a cada paso

As pedras derrotadas dos recordos furan meus zapatos.
Os zapatos que levanto a prol da miña xuventude soñadora
E as pedras son máis afiadas a cada paso...

¿En que momento deixei ser neno?
Os recordos e as olladas, os demais nenos perdidos.
Como un capitán mergullo meu barco nas ondas

O meu barco máis endeble cada remada, máis infeliz e canso
Morreron e saltaron nenos, asaltaron xóvenes, prepáranse vellos.
E o fío da vida pendendo dunha navalla árida e neutra.

E escondo os xoguetes no baúl dos recordos
E escondo amizades patentes de olvidados xogos
Como un verso soño, como un neno río.

Anacos de burbulla esconden pedras, emancipación involuntaria.
Anacos... Idades... Barbas... Idade dos soños que rompen
Cristais entumecidos, caendo como a vida...

Heroes da supervivencia, heroes da rutina, da vida.
Persoas sen medos, sen bágoas que derramar a prol do corazón.
Heroes que aguantaron e se foron. Eu antiheroe do barco á deriva...




Compostela

Pobo de tempo dentro
versado en mil anacos,
con húmedas pedras e rústico sabor.
Con aromas de vento, con arelas de outono.

Con Marías, ilustradas no coñecemento social.
Con Marías, ilustres amigas das falas dos extraños.
Con cantigas, dos vellos namorados do romanticismo
Con cantigas, que choran a pobreza do bohemio.

Pobo do coñecemento e vangarda.
Do estudante de troula. Do Derbi pasado.
Da escrita galeguista e capital.
Pobo dos tintos e blancos, dos mil idiomas por mil camiños.

Pobo familiar con cidade, vila de cregos do turismo.
Da miña divagación e lamento, do choro endentado da sonrisa.
Meu pobo, meu lar. Miña comida dos abastos...
E camiñando choro as bágoas que caen do ceo.