miércoles, 18 de julio de 2012

Xanela do terror


Medo que escondes a miña música.
Na alma, que esconde sonoramente
unha frauta de vivencias lúdicas.
E encérrase só o nectar demente.

As rosas, do campo, inútiles pastan.
Cos pétalos, luces na sombra do Sol.
As bolboretas que as bican, ladran
no medo de amar que oprime á flor.

No ocaso, cantan os grilos monótonos
no repentino susto da escuridade,
nun luar triste, silencioso e homólogo.
Da boca deles, nas bágoas das súas faces.



lunes, 2 de julio de 2012

Fragancia de idea, soneto entumecido


Nova publicación de Xosé Carlos en Tempos Dixital! : http://temposdixital.com/td/cultura/06/tempo-de-contos-fragancia-de-idea-soneto-entumecido/

Os ollares, vivos, fecundan horizontes
translúcidos, escuros e con nimbos.
O Sol escóndese na lucidez que camiña,
ilustrando a divisioria inerte e tenra.

Utopía agachada, no fermoso limbo escapas
e divagas, insinuante nas ideas a cotío.
Utopía camiñante, cárceres que percorres.
E el divisa o ceo en fusión coa terra.

Búscase terra firme, berra o capitán
do barco eirado que sopla pensamento.
Búscase a cadea, berra o discrepante.

Balanceo dun barco á deriva, nos eidos
das ondas entumecidas pola frangancia
que fecunda o horizonte fusionado.

__________________________________
http://temposdixital.com/td/cultura/06/tempo-de-contos-fragancia-de-idea-soneto-entumecido/