martes, 31 de mayo de 2011

Dalí brando e deformado


Pasado, presente, futuro.
Colgan do péndulo
balanceándose.
É esta a vida
que busca o que é ouro...
Pérdese e lastímase
e case nunca pasa nada nel.
É a lá que armamos.
O vestido que creamos,
os recordos que pronto amamos...
Blanco, gris e vermello.
Negro, malva e sempre escuro.
Vida é o primeiro.
A soledad, eterea,
do burato negro
balancéase no duodécimo.
A alma canta dous versos...

jueves, 19 de mayo de 2011

Baixo un acorde de guitarra escondíanse as bágoas en colición con cemento puro que as nubes regalaban as persoas. Chamábase, emoción. Unha en particular. A emoción de poder estar tristes, contentos quizais por unha gran alegría. O que expresaban esas bágoas eran a inestabilidade emocional. As persoas que recolleran moitas destas gotas vivirían unha vida camiñando sobre unha cordilleira. Algún gardou tantas que mesmo o Himalaia subio.

Gozaban de gran prestixio éstas, pois os momentos máis felices escondían. As demais persoas simplemente vivían unha vida de emoción regular e raramente alcanzando o efímero pico da felicidade plena. Moitas desas persoas, ademais, conseguían lágrimas negras pintadas de branco con adicción. Buscaban a autodestrucción como modo de alcanzar o pico máis alto.


Un día estaba na miña ventana divisando como esas bágoas caían. Nos tempos antigos ninguén se protexía delas, agora algún utilizaban paraugas para evitalas. Aquí en Galiza somos ben receptores de inestabilidade. A miña ventá me protexe, a miña burbulla de hormigón me sube ata onde non poden verme. O saír de ahí... Só son un máis. Unha ovella que pasta en busca de herva, unha ovella que busca non ser azotada co escuro sainete do castigo...


A miña ventá me protexe, a miña lá se vende. Podo ver dende a miña ventá como todo o mundo busca un paraugas. Vexo que a auga cae sobre acantilados de hormigón cando é intensa na súa chamada a inestabilidade...

- Posme 5 quilos de Cordeiro? Preguntan no mercado
- Por suposto, son 15,80...

A conversación segue e non somos distintos. Algún día nós seremos comidos. Agora mesmo o estamos sendo.

Mentras tanto, a ventá seguía pechada. O mercado como a choiba estaban na súa máxima expresión. Eu fixabame nela. Nunca fermosa rapaza de pelo encrespado, de coleta bailarina e de pasos musicais. Fixeime nela porque non levaba paraugas. Porque estaba sentada na rúa pedindo cartos, quizais para drogas non o sei, e baixo os seus ollos o seu ensombrecido rostro indicaba insomnio. Os seus dentes falta de aseo. O seu rostro, semitapado por un chubasqueiro, complicidade. Aquela rapaza perderalle o medo as bágoas, a consumiran. Aquela rapaza estaba morta e ninguén puido salvala...

martes, 17 de mayo de 2011


A mente, suicida e pobre.

O pracer, singular quizais.
O amor, como unha bolboreta move as ás e non sabemos a onde vai parar.


Nesas vivía aquela pobre moza. Nunha vida repleta de rutina na que todos lle dicían que debía facer. Nesas vivía esa pobre rapaza de ollos caídos, sonrisa perpetua e dentes afilados. Buscaba simplemente a felicidade o amor como cocaína. O éxtase da sensación.
Pobre rapaza ela, falaban os vellos. Pobre nena que dunha sobredose non volveu a abrir os ollos.

jueves, 5 de mayo de 2011

Vendas de gato

A venta susurraba silencio nos seus ollos. A súa maquiavélica mente permitía pensar sen sentidos.

A túa boca me susurraba un silencio, un bico. Un látigo de sabiduría. Un látigo de coñecemento do mundo. Un látigo porque lle doía saberse dominada.

A venda non caía, as persoas necesitaban ver. A venda non caía... Tras ela, olvidábame de ti.

E penso logo existo, coñécete a ti mesmo. Ollos que mans non vían para arrancar tal venda.

No fondo coñézome, coñézote. No fondo coñecémonos. Nese escuro fondo que ninguén ve. Sabemos que estamos encerrados, nunha xaula quizais. Sabemos que a armonía non existe. Que somos tigres sociais que morden por dominar, que se asocian para dominar. Tigres cun poder de devastación maior. Somos tigres nunha xaula da que non podemos saír...

E o pobre e pequeno gato, cas súas pupilas, nos contaba ese mundo...