jueves, 19 de mayo de 2011

Baixo un acorde de guitarra escondíanse as bágoas en colición con cemento puro que as nubes regalaban as persoas. Chamábase, emoción. Unha en particular. A emoción de poder estar tristes, contentos quizais por unha gran alegría. O que expresaban esas bágoas eran a inestabilidade emocional. As persoas que recolleran moitas destas gotas vivirían unha vida camiñando sobre unha cordilleira. Algún gardou tantas que mesmo o Himalaia subio.

Gozaban de gran prestixio éstas, pois os momentos máis felices escondían. As demais persoas simplemente vivían unha vida de emoción regular e raramente alcanzando o efímero pico da felicidade plena. Moitas desas persoas, ademais, conseguían lágrimas negras pintadas de branco con adicción. Buscaban a autodestrucción como modo de alcanzar o pico máis alto.


Un día estaba na miña ventana divisando como esas bágoas caían. Nos tempos antigos ninguén se protexía delas, agora algún utilizaban paraugas para evitalas. Aquí en Galiza somos ben receptores de inestabilidade. A miña ventá me protexe, a miña burbulla de hormigón me sube ata onde non poden verme. O saír de ahí... Só son un máis. Unha ovella que pasta en busca de herva, unha ovella que busca non ser azotada co escuro sainete do castigo...


A miña ventá me protexe, a miña lá se vende. Podo ver dende a miña ventá como todo o mundo busca un paraugas. Vexo que a auga cae sobre acantilados de hormigón cando é intensa na súa chamada a inestabilidade...

- Posme 5 quilos de Cordeiro? Preguntan no mercado
- Por suposto, son 15,80...

A conversación segue e non somos distintos. Algún día nós seremos comidos. Agora mesmo o estamos sendo.

Mentras tanto, a ventá seguía pechada. O mercado como a choiba estaban na súa máxima expresión. Eu fixabame nela. Nunca fermosa rapaza de pelo encrespado, de coleta bailarina e de pasos musicais. Fixeime nela porque non levaba paraugas. Porque estaba sentada na rúa pedindo cartos, quizais para drogas non o sei, e baixo os seus ollos o seu ensombrecido rostro indicaba insomnio. Os seus dentes falta de aseo. O seu rostro, semitapado por un chubasqueiro, complicidade. Aquela rapaza perderalle o medo as bágoas, a consumiran. Aquela rapaza estaba morta e ninguén puido salvala...

No hay comentarios:

Publicar un comentario