martes, 25 de septiembre de 2012

A realeza do delirio.




Con ollos cálidos e sorriso tenro durmía a súa face no meu ombreiro, acomodada e no limbo entre a realidade e o delirio da noite. A miña cabeza, unha histórica montaña rusa emocional dáballe voltas esta vez á felicidade da companía, da parella. Os meus ollos atopábanse perezosos, con ganas de soñar e agochaban as pupilas da realidade pouco a pouco. Atrás quedaban bágoas da incompresión dunhas nubes que bloqueaban a mente cunha néboa difusa, razoamentos infundados por unha paranoia sen máis razón ca do amor total, pois latexan amor. Adiante quedaba o eterno presente que nunca escapa e ela: unha flor que me agarimaba nunha aperta infinita. Como no balanceo dunha hamaca os meus pálpitos relaxaban a esa muller que conmigo estaba. A miña nena, muller da que formaba e formo parte. Rapaza dos meus soños soñando xuntos. A miña rapaza real

- Quérote, susurraba entre o silencio.
- Eu tamén. Respondía.

As mans unidas sen aneis pero cun compromiso feroz. Os corpos rozándose mutuamente, os sorrisos percibidos na escuridade polo estudio inconsciente que provoca o amor. O coñecemento dunha parte de ti, dun anaco do máis profundo do teu ser que coida nun compromiso de felicidade. Como os paxaros, os soños xogaban a voar, deliraban voando metras se escondían da realidade á que quizais relaman. Esa realidade que nos durmía sorrindo.

Os meus ollos no limbo, a miña cara na súa. O meu soño co seu respirando acompasadamente, nunha melodía que dotaba como único compás ó aire que os nosos pulmóns improvisaban. Nun movemento musical, o volume aumentou. A súa cara xirou fronte á miña. Os nosos beizos atopábanse a dous centímetros, consciente e inconscientemente queríamonos. Achegámonos da mesma forma que nos atopamos, co impulso que da querer, ata xuntas os nosos beizos, ata durmir bicándonos. Nalgún lugar un paxaro axitaba as ás mentras nós xuntos e pegados respirábamos.

domingo, 9 de septiembre de 2012

Incógnita i grega II


























 
Amor con corazón que palpita
na libre cadea de duras costelas.
Amor do fermoso bico que mira
os beizos fusionados da alma.


Inventa memorias meu pensamento,
futuros paranoicos e imposibles
Inventa tolemias meu pesadelo
nas orellas drogadas do cerebro.


Nos parques voando fuxen andoriñas
lamentándose da próxima fría choiva.
Medo ó vento e tempo que desafía
mentras eu emigro na fusión de seres.

Con ela libremente canta o meu motor
que corazón se chama, que voa infinito.
Con ela emigro e hospédome na razón
dos bicos de sorrisos dunha aperta.

Con ela olleo o mundo fértil e circular.
O seu aroma, o seu pensamento, o seu aire
que respira a extremidade chamada man.
os meus ollos eclipsados na mirada súa.


Con ela alzan as ás andoriñas erguidas
que nos levan fácil co vento acompañante
que move os beizos pegados na cima
E amamos eses ollos que coloreamos no ceo.

jueves, 6 de septiembre de 2012

Mar de cadeas





"As augas con marea axitada agoiran fortes cambios nos tempos” comentaba Alexandre, antes de marchar á firma dunha herdanza dun tío sen fillos, mentras sorría. Xa pasaran meses daquel día e a mirada de Xulia agochaba a tristeza e morriña que sentía por aquel amor que deixara un embarazo e mil soños que o medo trastornaba.

Dende aquela, nas tardes, Xulia sentábase na cima dun montículo que escondía o areal, mirando a nebulosa que tapaba o horizonte infinito do mar mentras choraba. El, que viaxara nos meses anteriores polos cabos que a árbore xenealóxica deixa, só falaba coa súa muller con cartas e moi de vez en cando no teléfono. A ausencia de Alexandre provocaba en Xulia un agoiro que obrigaba ó corazón a tomar as cadeas da conciencia. Unhas cadeas que entorpecen a música que soa nas almas tranquilas.

- Alexandre chamou hoxe fai un anaco, non volve esta semana tampouco. Dixo o pai.
- Non entendo nada, existen avións e barcos rápidos e só iba a firmar un papel. Por qué non volve?
- Nada, atopou un traballo moi ben remunerado. Os cartos nunca veñen mal Xulia.

Son os pais os que máis protexen as melancolías dunha filla. Os que mellor saben ler as bágoas que éstas destilan, moitas veces disfrazadas. O rostro deste pai era o de un home curtido no traballo no que se sostera para non sucumbir ante a vida. Esta persoa comprendía a Alexandre cun corazón partido polas balas que vertían os ollos de Xulia. Uns ollos que o pálpito do corazón controlaba.

Algunhas noites dende os países lonxanos Alexandre berraba os sentimentos que sentía nos bicos que compartía con Xulia, nos ollares que lembraba a súa memoria. Pensaba nese fillo que iba nacer dun amor de soñadores mozos novos. Alexandre, temía non volver nunca…

Meses despois, no luar que anunciara o nacemento do primoxénito, Alexandre non estaba no hospital. A cabeza de Xulia, a cal estaba perdida por un corazón que asoballaba á razón, amaba a ese home emigrante mais pensaba que iso rompérase nel. O cárcere do seu traballo e dos cartos o ausentara e Xulia temía que aquel amor tamén emigrara por unhas cartas que nos últimos meses chegaran a contagotas. Nun parto doloroso o fillo, que iba levar por nome Ramón, sucumbiu no esforzo de nacer por un cordón umbilical que aforcara os soños que xa voaban como as bolboretas na búsqueda do néctar nun prado sen flores.