martes, 26 de junio de 2012

Insomnio

Atópome na cela, cadea de estrelas
asoballando a alma que hoxe non soña.
E no recordo lambo o gusto da vida.

As pupilas dilatadas que inventan imaxes
debuxadas nun boceto sensual dunha sombra.
E no pasado deformo os rostros.




O Sol chama as portas do horizonte baleiro
que escondido encéndese con lume e contento.
E na memoria, esa noite non soñaba...

Os ollos erguen a mirada superflua do canto
do galo enfeitizado e alporizado con desgarro.
No meu canto; os ollos coma pratos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario