"O tempo diagnostícame que pronto espertarei" -comentou o Sol cando aínda era noite...
domingo, 12 de agosto de 2012
Dentes con luvas.
Ríome da vida xoguetona
Da difusa beleza perceptiva
Dos astros de mirada plana.
Dos sentires, lápida de lona.
Os pulmóns amor respiran, impulsados,
de corazón rosado que coagula cego
nun ollar diminuto e tamén dividido.
Nas brétemas das pestañas comunicamos.
Ríome dos órganos xoguetones,
luvas de células impermeables
agochadas na beleza da Lúa, Sol
e dos sentidos, práctica do home.
A luz escoito mentras como.
Dentes que escoitan simpatías.
Beizos abertos. Escondite de rir
que mostra o sorriso que gosto.
Árbore que aúlla follas ó eco.
Sin sentidos da respiración
que un motor inmóbil amosa.
Simpático o caótico universo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario