
Pelo que adorna o teu rostro
de bicos potenciando sorrisos.
Respiras palpitando o corazón
que vive nun corpo durmido.
Conciencia que descansas nas apertas,
conciencia que é a alma da paixón
conciencia da fervenza de risa encadeada
iluminando unha escaleira sobre nimbos.
E soñas bondadosa e descansando
cas rosadas fázulas tersas e fermosas.
Respiras un bico que é linguaxe do amor
e un quérote extrovertido que inspiras.
A noite escura e deprimida non aparece.
A miña noite saboreando vida pervive
mentras eu esperto deliro estar en ti.
Meus ollos caen, e na divagación bicámonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario