Nimbos que rodean o meu prado
antes soeado, fértil e sagrado.
O sol alumea as nubes inflamables
que con auga sobreviven ó incendio.
As bágoas derrítense na condensación
e abrúmome seco e vello, escuro e frío.
O escondite do Sol apágame os ollos
no meu párpado cosido con duro ferro.
Paxaro que voa incompetente, cego.
Ás que non responden, o vento guía
como a vida que me golpea guinada
cun rumbo de brúxula sen frecha.
A cegueira tórnase branca e pura
no prado dunha nube de soedade.
Sentidos eran cinco na fermosa rula.
que canta sen voar, camiñar, sentir.
antes soeado, fértil e sagrado.
O sol alumea as nubes inflamables
que con auga sobreviven ó incendio.
As bágoas derrítense na condensación
e abrúmome seco e vello, escuro e frío.
O escondite do Sol apágame os ollos
no meu párpado cosido con duro ferro.
Paxaro que voa incompetente, cego.
Ás que non responden, o vento guía
como a vida que me golpea guinada
cun rumbo de brúxula sen frecha.
A cegueira tórnase branca e pura
no prado dunha nube de soedade.
Sentidos eran cinco na fermosa rula.
que canta sen voar, camiñar, sentir.

No hay comentarios:
Publicar un comentario