agochado con silencio, terra e herba.
Palabras mudas no campo e na eira.
O sacho crava o puñal no meu lombo.
Camiño entre punzadas de labradío
n chan fermoso de cor negro predominante.
No premio do traballo medran berzas
nas que soioza o ceo como un bebé.
O meu corpo é ferramenta, espora do mundo.
E nas ladeiras das montañas redondas
arrexúntase o po da xente do cotío.
As toses que interrumpen as palabras.
Nas ladeiras a terra é pedra afiada
que pervirte con dor o xogo da escalada.
Nas ladeiras unha pedra é avalancha
e a miña espora no mundo con fame debora.
Os paxaros cantan melodías da guerra
que a natureza reta, loita invencíbel.
Ó carón a miña ladeira vénceme despacio.
O meu ser derrúmbase fértil noutra vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario