lunes, 6 de agosto de 2012

Vía Láctea.






















Érguese na cea o rostro do banquete
con fame de sorrir e divisar estrelas.
Os puntos esquivos agóchanse nos nimbos
xoguetones, soñadores e valentes.

Inquedas elas. E fázula sonroxada
dun Marte lonxano de ollos tímidos,
e tan fixos e planos como as ás
dunha eléctrica bolboreta ou fada.

As demais estrelas durmen no vacío,
escuro túnel inmenso no que tenues
espertan un segundo de desexos.
A lúa, coa cara oculta de desafío.

A fría brétema palpita o meu desexo
de voar e delirar ao ver meu mundo
como imaxe da terra dos meus beizos
que tan lonxe acollo no meu peto.

Nun desliz dos sentidos que máis pesan
esperto nun mundo extraño pero cercano.
Meus petos son lubas das mans na xeada
e a bolboreta dos meus párpados ten présa. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario