domingo, 5 de agosto de 2012

Incógnita i grega


Resplandece o Sol no ceo dos teus ollos
vivo e limpo, como a primavera que asoma.
E ti que te mostras, tan fermosa...

O herbal verde, e fugaz o berce noso
que bombea nas sabas núas da alma
como corazón latexante soños...

O cesped é o agarimo dos camiños
nos pasos andados e apertas doces.
e os bicos, tamén nosos, son linguaxe.

Fada iluminada que voas ó meu carón
e amor teces na miña pel de herba.
Escondido en ti, nas sombras e nas lúas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario